Campamento de verán.
O campamento de verán Esgos 2023 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada.
DESTINATARIOS/AS:
O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos. No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.
NÚMERO DE PRAZAS:
Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.
CRITERIOS DE SELECCIÓN.
Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios: Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM, familias empadroadas no concello de Esgos, que ambos proxenitores traballen actualmente e familias numerosas.
Con carácter prioritario:
Familia monoparental, Mulleres maiores de 45 anos, Vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, Unidades familiares en que existan outras cargas relacionadas cos coidados, Mulleres en situación de desemprego de longa duración e unidades familiares en que existan outras cargas familiares relacionadas cos coidados.
No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.
HORARIOS E QUENDAS:
Este campamento levarase a cabo de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas, durante os meses de xullo e agosto.
- Do 3 ao 14 de xullo
- Do 17 ao 28 de xullo
- Do 31 de xullo ao 11 de agosto
- Do 14 ao 25 de agosto
Estas quendas son orientativas.
PREZO:
Os prezos son os seguintes: 10 €/quincena para os empadroados; 20€/quincena para os residentes non empadroados
As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as matriculados no campamento.
NORMAS DE FUNCIONAMENTO:
Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.
Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida na lista de espera.
OBSERVACIÓNS:
- Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.
- Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e que traian unha pequena merenda para media mañá, unha gorra e unha botella de auga.
- No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.
PRAZO E INSCRICIÓNS:
o prazo de solicitude de praza abrangue dende o 16 ata o 23 de xuño (ambos incluídos). O formulario de inscrición poden solicitalo nas oficinas municipais ou preferiblemente a través do correo electrónico info@concelloesgos.com ou biblioesgos@gmail.com