Programa Vivenda

O «PROGRAMA VIVENDA» consiste na elaboración dun catálogo de casas en venta e/ou alugueiro do municipio, co fin de promocionalas a través da páxina web do Concello e poñelo a disposición de todas ás persoas que queren comprar unha casa no concello.

Vivienda unifamiliar situada en A Granxa

Vivienda unifamiliar situada en A Granxa rexistrada e libre de cargas. Lista para entrar a vivir.
 
Consta de 2 plantas cun total de 128m2 distribuidas da seguinte maneira:
 
  • Pranta principal: cociña, salón, baño e 3 habitacións.
  • Pranta baixa: cociña-comedor e bodega.
  • No exterior temos un patio dianteiro e un xardín traseiro con pozo e barbacoa.

Ref. catastral: 002100600PG08F0001GH

Queres vender a túa casa?

Póñase en contacto co Concello de Esgos dende a nosa páxina de contacto. Atenderémolo coa maior brevedade posible