Subvencións de emerxencia social polo COVID 19 (Programa BenOurense ComerciOu da Deputación de Ourense)

Subvencións a persoas físicas que estean en situación de vulnerabilidade social ou económica sobrevida ou acentuada como consecuencia da pandemia do COVID-19 e precisen atender as súas necesidades mais básicas e inmediatas.
Entregarase unha tarxeta emitida por Abanca para efectuar o gasto en establecementos comerciais de carácter local (textil, calzado, alimentción, farmacia): 100 euros mensuais durante un tempo máximo de 3 meses, cun total de 300 euros.

Requisitos:

  • Ter cumpridos 18 anos de idade no momento de presentar a súa solicitude.
  • Ter dificultade para atender economicamente as súas necesidades básicas.
  • Que ningunha persoa integrante da unidade de convivencia tramitase outra axuda ao abeiro desta convocatoria.
  • Figurar empadroada nalgún municipio de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense polo menos os 6 meses previos.

As solicitudes poderán presentarse a través dos servizos sociais do concello de Esgos entre o 29 de abril e o 30 de novembro de 2020.

Máis información en: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=96&fecha=20200428