Comúnicase a toda a veciñanza que o Concello de Esgos adherido ao proxecto “OU-Intelixente: provincia da agua” vaise ver beneficiado por unha subvención relacionada coa mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga – PERTE dixitalización do ciclo da auga no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU que será xestionada por AQUAOURENSE SOCIEDADE PROVINCIAL DE AUGAS E MEDIO AMBIENTE S.A.
A través desta subvención a partir do mes de setembro procederase á substitución gratuíta dos actuais contadores de auga de cada inmoble por un de medición intelixente.
SOAMENTE SE SUBSTITUIRÁN AQUELES CONTADORES DE AUGA QUE SEXAN ACCESIBLES PARA O PERSOAL DA EMPRESA CONCESIONARIA DO CONTRATO, UBICADOS NO EXTERIOR DOS INMOBLES E COLOCADOS NAS SÚAS CORRESPONDENTES CAIXAS/ARMARIOS.
De non reunirse estas condicións os que desexen beneficiarse desta axuda deberán facer os oportunos cambios para si reunilas antes do 15 de setembro. De non facelo non se procederá á devandita substitución gratuíta e o titular do contador será o responsable de facerse cargo e comprar o correspondente medidor intelixente de consumo de auga e instalalo no prazo de tempo que posteriormente se indique.