Sesión formativa sobre o uso dos caixeiros automáticos

ABANCA, en colaboración co Concello de Esgos, organizou hoxe unha sesión formativa sobre o uso dos caixeiros automáticos dirixida a todos os veciños e veciñas do municipio, especialmente aqueles de maior idade, interesados en aprender como utilizar estes dispositivos para realizar as operacións máis habituais.

A xornada enmárcase dentro do plan de formación e capacitación dixital de persoas maiores que está a desenvolver o banco en municipios rurais de toda Galicia. A actividade contou coa participación do alcalde de Esgos, Mario Rodríguez González, o coordinador Institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román, e a directora da oficina de ABANCA na localidade, Cristina Blanco Conde, que deron a benvida aos asistentes ao comezo da actividade.

Como é habitual, a formación desenvolveuse en dous partes, unha teórica, que se impartiu no Centro cultural ‘Parada Justel’, e unha práctica, para a cal os asistentes desprazáronse ao caixeiro de ABANCA situado nas proximidades.

Durante a sesión explicouse aos participantes cómo funciona un caixeiro automático e cales son as operacións máis habituais que se poden realizar. Tamén se lles deron consellos básicos de seguridade e sobre banca móbil, ademais de resolver todas as dúbidas que expuxeron. Para completar a formación, todos os asistentes recibiron un manual sinxelo que recolle toda a información ofrecida durante a sesión para que poidan tela a man e consultala en calquera momento.