O noso Concello, xunto con outras 8 administracións de Ourense , iniciou a fase operativa do proxecto RE-HABITA RURAL LAB. O obxectivo é axudar aos propietarios/as a recuperar as súas casas baleiras mediante axudas á rehabilitación e facilitar o seu uso para alugueiro social.
Para que ninguén teña dúbidas sobre os traballos que se están a realizar estes días, informamos:
- POR QUE HAI TÉCNICOS SACANDO FOTOS? Durante este mes de abril, persoal da empresa EIBISA percorrerá as nosas aldeas realizando a toma de datos e fotografías das fachadas. NON É UNHA INSPECCIÓN FISCAL. O obxectivo é avaliar o estado das casas para saber que axudas de rehabilitación se poden solicitar e actualizar o rueiro dixital do Concello.
- ASESORAMENTO NA CASA DO CONCELLO: A partir da derradeira semana de abril, haberá persoal especializado para atender á veciñanza. Alí poderán informarse sobre subvencións para reformas, resolver dúbidas sobre herdanzas ou rexistro, e recibir apoio técnico gratuíto.
- CITA PREVIA OBRIGATORIA: Para organizar as consultas sen que os veciños/as teñan que agardar, é imprescindible pedir cita previa chamando ao Concello.
- PORTAL INMOBILIARIO GRATUÍTO: Tamén se está a crear a web re-habita-rural-lab.com onde as e os propietarios que o desexen poderán anunciar de balde as súas casas para vender ou alugar, poñéndose en contacto con persoas que queiran vir vivir ao noso concello.

