?️ Domingo 20:
Primeiro encontro de repenicadores de campás na Igrexa de Esgos ás 11:30horas.
Mostra dos diferentes toques: procesión, defuntos, incendio, tormenta…
?️ Luns 21:
Presentación na biblioteca municipal ás 20:30 horas do libro Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo, ambientada no universo Romasanta, o home lobo.
O autor estará acompañado por Cástor e Félix Francisco Castro Vicente, que levan anos estudando o caso de Manuel Blanco Romasanta e publicaron diversos estudos criminolóxicos e antropolóxicos sobre o mesmo.
?️ Martes 22:
Clase de ioga con +Deporte La Región ás 20:30 horas na Praza da Souteira (Esgos). Abriremos as inscricións nos vindeiros días.
?️ Domingo 27:
Quedada BTT para percorrer os camiños do Concello. Saída ás 9:30 horas da Praza da Souteira.
?️ Mércores 30:
Escape room dirixido á mocidade ambientado na historia do lobishome Manuel Blanco Romasanta por distintos pobos da parroquia de Santa Eulalia. Horarios, inscricións e máis info na biblioteca.

