Obriga de xestión da biomasa forestal.
A limpeza das fincas para a prevención de incendios é unha obriga que debe cumprirse antes do 31 de maio.
Nas FAIXAS SECUNDARIAS (Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais de Galicia):
– É obrigatorio manter limpa unha franxa de seguridade de 50 metros ao redor dos núcleos de poboación e das vivendas illadas.
– Non está permitida a presenza de especies coma: piñeiro, mimosa, acacia, eucalipto, carqueixa, xesta, carpaza, fentos e silvas.
– Pódense consultar as faixas de protección no seguinte enlace: https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
Dentro dos NÚCLEOS DE POBOACIÓN:
Todas as fincas deben estar limpas de maleza e sen restos amoreados. Ademáis as polas das árbores e prantas non poden invadir a vía pública nin as parcelas limítrofes.

