Obradoiros para a prevención da dependencia.

 Nos meses de agosto e setembro, enmarcadas no Programa de Emprego MANCOXOVE VI realizaranse no noso concello unhas xornadas para a prevención da dependencia física e o deterioro cognitivo. As actividades están abertas a toda a poboación interesada en participar, que deberán inscribirse nos servizos sociais do Concello.

Obradoiro de PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA FÍSICA:  Ximnasia, exercicios de movemento e autocoidado persoal

  • Mércores 7 de agosto de 10:00 a 12:00h en Esgos (Centro Cultural Parada Justel)
  •  Mércores 14 de agosto de 10:00 a 12:00h en Vilar (Local social Rezomilo)
 

Obradoiro de PREVENCIÓN DO DETERIORO COGNITIVO: Activa a túa mente e actividades interxeracionais.

  • Martes 3 de setembro de 10:00 a 12:00h en Esgos (Centro Cultural Parada Justel)
  • Xoves 12 de setembro de 10:00 a 12:00h en Vilar (Local social Rezomilo)