Obradoiro de autocoidado e maquillaxe

Os Servizos Sociais do Concello de Esgos organizan un obradoiro de autocoidado e maquillaxe para o sábado 12 de abril ás 16:30horas no Centro Cultural Parada Justel.
Partindo de que o autocoidado facial pode axudar a mellorar a autoestima e a confianza das mulleres propoñemos este obradoiro, para coidarnos e liberarnos da presión que se impón, especialmente sobre as mulleres, para adaptarse aos cánones de belleza a calquera prezo (violencia estética).
Programa financiado con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero