Novembro violeta en Esgos

Para conmemorar o Dia Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres (25 novembro) propoñemos para o mes de novembro diferentes actividades:

Obradoiro de autocoidado

Os venres de novembro ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel:

Trátase dun obradoiro práctico no que cada xornada tratará sobre un tema: Vivir conscientemente e sen estrés, lidiar coa ansiedade, Autoestima e quererse máis a unha mesma e Liberarse do que nos fai infelices.

Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.

Exposición fotográfica Inmarcesibles

‘Inmarcesibles’ é unha exposición itinerante, impulsada dende os Servizos Sociais do Concello de Sober con financiación do Ministerio de Igualdade sobre a beleza real feminina.

Poderase visitar do 29 de novembro ao 2 de decembro. Horario pendente de confirmar.

Biblioteca violeta

Os préstamos de libros sobre feminismo, violencia de xénero, etc realizados na biblioteca durante este mes irán acompañados dun pequeno agasallo.