MTB Ribeira Sacra

Esgos será a SAÍDA e META este sábado 31 de maio da segunda etapa da carreira de bicicletas de montaña Ribeira Sacra MTB cun percorrido duns 67 km.

> Os/as deportistas sairán da praza da Souteira ás 9:00h e pasarán por Calsomiro, A Meiroá, Esgos, As Meiroás e Pardeconde. Continuarán por camiños do Concello Xunqueira de Espadanedo e o Concello de Parada de Sil para voltar a Esgos por Casanova, Reboral, Melón de Abaixo, Melón Alto, Quinta do Monte, A Cernada, Mosteiro de San Pedro de Rocas e atravesar a meta no punto de partida, na Praza da Souteira (Esgos).
A realización deste evento implica que algunhas rúas de Esgos se cortarán ao tráfico o sábado, polo que de antemán agradecemos a colaboración da veciñanza. Publicaránse nas redes sociais os horarios e rúas afectadas.

 Animámosvos a desfrutar deste evento deportivo!