O Concello de Esgos recibiu unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 34.711,99 € o abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 da directora xeral de Agader pola que se aproba o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024).
O proxecto subvencionado foi a «Mellora do camiño de acceso ao núcleo de A Lama» cun orzamento total de 42.001,51 €.