En vista da actual evolución do COVID-19 (coronavirus), o Concello pon a disposición dos veciños e veciñas deste municipio, que non poidan desprazarse polos seus medios e non conten con apoio familiar, un servizo de entrega a domicilio de alimentos e medicamentos para evitar desprazamentos innecesarios.
Deberán facer o seu pedido directamente aos establecementos de alimentación e farmacia de Esgos e seranlle levados ao seu domicilio por persoal do Concello ou de Protección Civil.
Por outra banda, aos beneficiarios do Banco de Alimentos iránselle entregando de forma progresiva por persoal do concello, evitando así o desprazamento as dependencias municipais.