Medidas a tomar los velatorios (COVID-19)

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVI-19, no DOGA do 26/03/2020 publícanse as medidas a adoptar nos velatorios e tanatorios, con independencia de cal sexa a causa do falecemento:

  1. Non asistirán ao dó as persoas que presenten síntomas respiratorios de calquera clase
  2. É necesario lavar as mans con auga e xabón ou con solución desinfectante previamente ao acceso ás instalacións funerarias, así como despois de usar o libro de pésame e os servizos ou baños.
  3. Evitarase en todo momento a confluencia de máis de 8 persoas por cada sala, respetando unha distancia mínima de 2 metros entre cada unha.
  4. Evitarase a manifestación de condolencias a familiares a través de abrazos, bicos e aperta de mans.
  5. As comitivas de acompañamento para a inhumación ou despedida restrinxiranse aos achegados e familiares máis próximos, quedarán reducidas a un máximo de 20 persoas, gardando entre os asistentes a distancia de 2 metros.