Magosto 2025

O domingo 2 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas.

Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, auga, castañas e bica. E actuará a charanga «A felga».
Para poder asistir deberán retirarse as entradas nos bares e tendas e nas oficinas do Concello a un prezo de 15€ os adultos e 6€ os nenos de 4 a 11 anos.

 

O dia do magosto só se venderán entradas se quedan prazas dispoñibles e o prezo será de 18€