Excursión a Lugo e Portomarín

O sábado 31 de maio iremos de excursión á Lugo e Portomarín.

Itinerario:

  • Saíremos de Esgos ás 8h directos a Lugo, onde visitaremos a cidade acompañados dun guía e disporemos de tempo libre antes da comida. Despois de comer visitaremos Portomarín.

Inscricións:

Reserva de prazas por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os vecinos e veciñas empadroados neste concello.
O prazo de inscrición ábrese o xoves 15 de maio.
O prezo da excursión é de 30€ para as veciñas e veciños empadroados e de 40€ para os residentes non empadroados neste concello.