Entroido 2025

As actividades polo entroido comezarán cun obradoiro de fabricación de coresmas o venres 28 de febreiro ás 17:30h na biblioteca municipal.

En lugar do concurso de disfraces este ano animámosvos a participar nunha xuntanza de entroido o sábado 1 de marzo ás 17:00h na Praza do Afiador, con chocolatada para as persoas disfrazadas.

Os felos e as madamas farán o seu tradicional percorrido polos pobos o domingo 2 de marzo:

09:30h Saída de esgos
09:40h Alto do couso
10:00H Tarreirigo
10:15h Vilar
11:15h Lobaces
12:00h Loña
12:45h Gomariz
13:30h Cernada
13:45h Quinta do Monte
14:30h Melón Alto
15:30h Melón de Abaixo
16:15h As Meiroás
16:45h Fondodevila – Casanova
17:30h Pardeconde
18:00h Pardeconde (Xunqueira)
18:40h Paradela
Esgos (final do percorrido)

O luns 3 de marzo a partir das 10 da noite os participantes no obradoiro de coresmas farán un ensaio da coresmiña, e o martes será o momento de preparar as coresmas (asealas, vestilas e alimentalas) para o gran día, o mércores de cinza.