Dende o Concello de Esgos manifestamos o noso rexeitamento ante todo tipo de violencia, e de xeito específico, o noso compromiso coa erradicación da violencia exercida contra as mulleres.
Os establecementos do noso concello únense a nós para visibilizar a pandemia da violencia machista lucindo o mércores 25 de novembro máscaras violetas.