Curso para usar caixeiros de forma fácil e segura

Abanca organiza en colaboración co concello de Esgos un curso dirixido ás persoas maiores para aprender a usar os caixeros automáticos.

O venres 25 de novembro ás 11:00 h no Centro Cultural Parada Justel persoal de Abanca ensinará a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais de maneira fácil e segura en calquera momento.
 Máis información na oficina de Abanca do Concello de Esgos ou nas oficinas municipais.