Programa Vivenda

O «PROGRAMA VIVENDA» consiste na elaboración dun catálogo de casas en venta e/ou alugueiro do municipio, co fin de promocionalas a través da páxina web do Concello e poñelo a disposición de todas ás persoas que queren comprar unha casa no concello.

Casa en venta en A Lama

Casa de pedra con 2 alturas e balcón que rodea case toda a propiedade. Na planta baixa está a adega, de forma cadrada dun 90m2 aprox. Na planta superior, a vivenda, que está formada polos dormitorios, o cuarto de baño, o salón e a cociña. Todos os espazos, son exteriores e con boa luz.
Conta con leira ao redor da casa, duns 530m2 aprox. onde nos atopamos cun precioso cabaceiro e un garaxe.

Queres vender a túa casa?

Póñase en contacto co Concello de Esgos dende a nosa páxina de contacto. Atenderémolo coa maior brevedade posible