Carreira de montaña e andaina popular

O Concello de Esgos organiza o domingo 15 de xuño de 2025 A “XVII Carreira San Pedro de Rocas Esgos” e a XVII andaina popular.

A carreira “XVII Carreira San Pedro de Rocas Esgos” contará con dous percorridos:
 RUTA LONGA: Saída ás 11:00h e cun percorrido de 17 Km
 RUTA CURTA: Saída ás 11:30h cun percorrido de 8,5 Km
 A andaina tamén terá dous percorridos:
ANDAINA LONGA: Saída ás 09:30h cun percorrido de 17 km
 ANDAINA CURTA: Saída ás 10:30 e percorrido de 8,5 Km
 As inscricións dos deportistas populares realizaranse a través da web de www.carreirasgalegas.com ata as 23:59 horas do mércores, 11 de xuño de 2025.
A recollida de dorsais realizarase o domingo, 15 de xuño de 2025 na carpa habilitada a tal efecto na Praza da Souteira de Esgos dende as 08:30 h.
Os inscritos recibirán unha camiseta e participarán no sorteo de agasallos que se realizará despois da entrega de trofeos. Ademais dos sorteos tradicionais (estancia no Parador de Santo Estevo, viaxes no catamarán polo cañón do Sil, vales regalo e lotes de bica e licor café) este ano sortearemos unha estancia de fin de semana nas cabañas Borbela de Luz