XVI Trail San Pedro de Rocas – Esgos
Esgos acolle o 16 de xuño o Campionato de especialidade en dúas distancias na XVI edición da súa carreira clásica que volta renovada nesta edición. A proba é aberta a todo o público.
Dous percorridos, longo e curto así como dúas andainas, seguindo o mesmo trazado co emblemático mosteiro de San Pedro de Rocas como protagonista.
A proba oficial é puntuable x10 no ranking galego de trail running, aplicable ás distancias «classic» e contempla premios de 250 € para os vencedores do trail longo que rebaixen o tempo de 1h8’24» en homes e 1h24’16» en mulleres
Para o premio especial, camiseta conmemorativa, sorteos, comida final… é necesario estar inscrito en Carreiras Galegas á maiores do propio campionato.
Horarios de saída:
- Andaina longa: 9:30h
- Andaina curta: 10:30h
- Trail longo: 10:30h
- Trail curto: 11:00h