Campamento de verán Esgos 2025

O campamento de verán Esgos 2025 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada.
 
Está dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.
 

O prazo de solicitude de praza abrangue dende hoxe ata o 18 de xuño (ambos incluídos).