Biblioteca do Concello de Esgos
Na biblioteca podemos atopar ordenadores con conexión a internet, impresora, escáner… que se poden usar libre e gratuitamente dentro do horario de apertura ao público.
Tamén dispomos dunha rede Wi-Fi para os que prefiren usar os seus portátiles.
Para acercar ás novas tecnoloxías a todos os veciños e veciñas. No telecentro impartimos cursos gratuítos de iniciación á informática e internet dirixidos a persoas de tódaslas idades, sen necesidade de coñecementos previos.