Bando COVID-19 (Coronavirus)

A Corporación Local adoptou en vista da actual evolución do COVID-19 (coronavirus), e seguindo as directrices da Xunta de Galicia, SUSPENDER DURANTE 15 DÍAS TODAS AS ACTIVIDADES que se leven a cabo nos centros municipias (Biblioteca, Centro Cultural, actividades lúdicas, actividades deportivas, etc) así como recomendar a non celebración de actividades ou reunións promovidas por asociacións, grupos informais, etc.


Tamén facemos un chamamento a seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e evitar na medida do posible os desprazamentos innecesarios.
Para máis información sobre o coronavirus, poden dirixirse ao teléfono gratuíto 900 400 116 ou consultar a web coronavirus.sergas.gal