Axudas á natalidade

O Concello de Esgos ven de aprobar unha liña de axudas ás familias para sufragar os gastos derivados do nacemento, acollemento ou adopción de nenos e nenas do Concello durante o ano 2024.

A contía das axudas se prorrateará entre as diferentes solicitudes presentadas, cunha contía máxima de 500,00 euros por solicitante, ata esgotar o crédito orzamentario consignado para o efecto.

Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos menores, tales como:

  • Vestimenta, calzado…
  • Utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o bebé.
  • Produtos sanitarios, de hixiene e medicamentos.
  • Alimentación infantil.
  • Cueiros, babeiros, chupetes, cambiador, carriño, mobiliario…

As solicitudes poderán presentarse a partir da publicación desta liña de axudas no BOP.

BASES DAS AXUDAS >>

FORMULARIO DE SOLICITUDE >>