Actividades Nadal 2022

XXIII Concurso de postais

Poderase utilizar todo tipo de materiais.
As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 28 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data.

Concerto de Nadal

Actuación da escola e Banda de Gaitas do Concello.
Sábado 17 de decembro ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel.

Obradoiro de adornos Tricotín

Venres 23 de decembro ás 17:30h na biblioteca municipal.
Obradoiro de adornos de Nadal dirixido a nenos e nenas. Prazas limitadas.
Este obradoiro ten un custe por persoa de 5€ destinado ao pago do material.

Pazolandia

Luns 26 de decembro
Imprescindible anotarse no Concello antes do 23.
Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 5€ para os non empadroados

Visita dos Reis Magos

O 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada Justel os Reis Magos entregarán os premios do XXIII Concurso de Postais.