Persoal da Subdelegación do Goberno se desprazará ata o noso Concello para explicar o funcionamento da administración electrónica dentro das xornadas «A Administración preto de ti».
Ademais emitirán o certificado electrónico ás persoas que o desexen evitando así desprazamentos. Sólo será necesario acudir co DNI en vigor.
O certificado electrónico permite realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet, olvidándose de desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas.
Co certificado electrónico tamén chamado certificado dixital instalado no teléfono móbil ou no ordenador poderás:
- Solicitar e tramitar subvencións
- Solicitar o Bono Cultural Joven
- Solicitar ou calcular a idade de xubilación
- Solicitar a tarxeta sanitaria europea
- Obter o informe de vida laboral
- Consultar o saldo de puntos do carné de conducir
- Solicitar a prestación por desempleo, certificado de antecedentes penales, solicitude e renovación de licenzas de armas
- Consultar os datos dos inmobles do titular
- Acceder ao historial clínico
- Pagar multas e impostos, etc.
Xoves 6 de febreiro ás 10:00h no Salón de plenos do Concello de Esgos.
Máis información e inscricións nas oficinas municipais e na biblioteca.