Tardeo polo día da muller

O Concello de Esgos organiza un ano máis o «Tardeo do 8M» para conmemorar o #8M, día da muller.

 

📆 Xoves 5 de marzo ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel.

 

Comezaremos coa charla/obradoiro «Movendo os marcos» de Carmen Penín na que aprenderemos sobre corresponsabilidade, centrándonos na xestión das emocións e do tempo e se darán ferramentas e ideas para o día a día.
Remataramos a xornada cuns petiscos.

 

Por cuestións de axenda vémonos na obriga de retrasar ao mes de maio o monólogo «Enredadas» de Leti da Taberna.