Agrupación de Voluntarios de Protección Civil en colaboración co banco de alimentos de Ourense.
XXVI CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
Poderase utilizar todo tipo de materiais.
Poderán participar nenos e nenas menores de 14 anos.
As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 29 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data.
MANUALIDADES INFANTÍS DE NADAL
Xoves 18 de decembro ás 17:30h
Dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos. Para participar é imprescindible inscribirse na biblioteca xa que as prazas son limitadas. Esta actividade ten un custe de 5€ por persoa.
CONCERTO DE NADAL
Banda de Gaitas do Concello de Esgos
Domingo 21 de decembro ás 17:30h
Centro Cultural Parada Justel
XOGOS DE MESA
Martes 23 de decembro ás 17:30h na biblioteca Municipal. Xogaremos ao Rummi, ao parchís e ao Gestos.
PAZALONADIA
Martes 30 de decembro
Imprescindible anotarse no Concello antes do 22.
Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 5€ para os non empadroados
OBRADOIRO DE MAXIA
Sábado 3 de xaneiro (horario pendente de confirmar)
Centro Cultural Parada Justel
VISITA REIS MAGOS
Luns 5 de xaneiro ás 12:00h
Centro Cultural Parada Justel

