O sábado 9 de maio temos unha cita coa humorista Leti da Taberna no Centro Cultural Parada Justel
Esta cómica compostelá consolidouse como unha das voces actuais do humor galego tras alcanzar popularidade en 2020 cos seus vídeos en redes sociais. “Enredada” é un monólogo no que aborda con humor a relación coas redes sociais, combinando ironía e unha perspectiva feminista.
A entrada é gratuíta ata completar capacidade.

