A víspera do dia de Reis, Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron un alto no seu camiño para visitar ós nenos de Esgos.
As suas maxestades chegaron ás 12 de mañá para entregar os premios do "X Concurso de Postais", pero tamén deixaron regalos para todos. Ademais de caramelos, piruletas, globos... deixaron a cada neno un puzle de "Os bolechas en San Pedro de Rocas" que se presentará ó público nos vindeiros dias.
Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com
Mapa Web - Aviso legal