Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[18.06.20] Campamento de verán 2020.

O campamento de verán Esgos 2020 pretende ser unha oferta lúdico/educativa

que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida
persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo
tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada

DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.
No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que
aínda non cursaran 4º de educación infantil.

NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un
mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.
En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a
Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as
autoridades sanitarias así o consideran.

CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os
seguintes criterios na orde que segue a continuación:
1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM
2. Familias empadroadas no concello de Esgos
3. Familia monoparental
4. Que ambos proxenitores traballen actualmente
5. Familias numerosas.

No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección
dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores
requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre
as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.

HORARIOS E QUENDAS: Este campamento levarase a cabo de luns a venres,
durante os meses de xullo e agosto, agás os festivos. Faltan por definir as
datas de comezo e fin, xa que se intentarán adaptar na medida do posible á
demanda dos solicitantes.
O horario será de 10:30 a 13:30 horas.

PREZO: Os prezos serán os seguintes:
• 10 €/quincena para os empadronados
• 20€/quincena para os residentes non empadronados
As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre
a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as
matriculados no campamento.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO: Deberán comunicar á persoa encargada da actividade
os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla
de inscrición.
Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas
de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na
actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida
na lista de espera.
Debido á situación sanitaria que estamos a sufrir provocada pola pandemia
do Covid-19, deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De
ter algún síntoma prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as
medidas oportunas e non deberían levar aos fillos/as ao campamento.
Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados polo Servizo de
Prevención do Concello de Carnota, no marco das recomendacións publicadas
polas autoridades sanitarias.

OBSERVACIÓNS:
1. Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.
2. Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e
que traian unha pequena merenda para a media mañá, unha gorra e unha
botella de auga.
3. No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha
bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.

PRAZO: o prazo de solicitude de praza abrangue dende o 18 ata o 23 de xuño
(ambos incluídos)
A partir do 25 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a
lista de admitidos e excluidos


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies