Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[29.04.20] *Subvencións de emerxencia social polo COVID 19 (Programa BenOurense ComerciOu da Deputación de Ourense):*

Subvencións a persoas físicas que estean en situación de vulnerabilidade
social ou económica sobrevida ou acentuada como consecuencia da pandemia do
COVID-19 e precisen atender as súas necesidades mais básicas e inmediatas.

Entregarase unha tarxeta emitida por Abanca para efectuar o gasto en
establecementos comerciais de carácter local (textil, calzado, alimentción,
farmacia): 100 euros mensuais durante un tempo máximo de 3 meses, cun total
de 300 euros.

Requisitos:
- Ter cumpridos 18 anos de idade no momento de presentar a súa solicitude.
- Ter dificultade para atender economicamente as súas necesidades básicas.
- Que ningunha persoa integrante da unidade de convivencia tramitase outra
axuda ao abeiro desta convocatoria.
- Figurar empadroada nalgún municipio de menos de 20.000 habitantes da
provincia de Ourense polo menos os 6 meses previos.

As solicitudes poderán presentarse a través dos servizos sociais do
concello de Esgos entre o 29 de abril e o 30 de novembro de 2020.

Máis información en:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=96&fecha=20200428


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies