Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[17.09.19] Excursión a Pena Aventura Park (Portugal)

O Concello de Esgos organiza para o domingo 20 de outubro unha excursión ao
parque de aventuras "Pena Aventura Park" en Portugal para mozos e mozas
maiores de 18 anos empadroados neste concello.

Gozarán de 4 actividades:


- Fantasticable: consiste nun cable de 1538 m a unha altura de 150 m,
que conecta os lugares de Lamelas e Bustelo, onde as persoas poden "voar"
nel a unha velocidade máxima de 130 km/ h, considerado un dos
Fantasticable máis grandes do mundo!


- Salto negativo: é unha actividade contraria ao salto desde pontes.
Atado dos pés proxectarache verticalmente a 15 metros en 1 segundo.


- Alpine Coaster: coches estilo tobogán que voan costa abaixo durante
uns 700 metros de curvas, contra curvas e bucles horizontais.


- Percurso aventura: Os camiños de aventura son unha actividade que
ofrece a posibilidade de navegar por un circuíto de altas habilidades (en
forma de pontes colgantes), que se integran coa natureza en lugares ata o
de agora inaccesibles (nivel de copa de árbore).


O prezo, de 40€ por persoa inclúe o transporte en autobús e as
actividades, pero non inclúe a comida.

Reserva de prazas na biblioteca municipal antes do 4 de outubro


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal  -   Política Cookies