Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[13.06.17] Campamento de verán

DESTINATARIOS
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e
primaria, nados entre o 2005 e o 2013 empadroados neste concello ou que
residan no mesmo durante o verán.

MODALIDADES
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias
traballadoras empadroadas neste concello.

HORARIO
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h

DATAS:
- Quincena do 3 ao 14 de xullo
- Quincena do 17 ao 28 de xullo
- Quincena do 31 de xullo ao 11 de agosto
- Quincena do 14 ao 25 de agosto
Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas. Os
empadroados poderán elixir 3 quincenas e os non empadroados 2 quincenas.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.

PRAZO DE SOLICITUDE
Entre o 14 e o 23 de xuño de 2017
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará
nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro
municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 27 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a
lista de admitidos e excluidos

PREZOS
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos: 10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por
quincena. Desconto do 20% para familias numerosas.

PAGAMENTO
Entre o 27 e o 30 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os
admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA
ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do
neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas
municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non
realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados.


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal