Concello de Esgos

 GAL  | ES  | EN 
marco

Axenda

[10.02.17] Termalismo Social 2017

Dende o pasado 1 de xaneiro xa se poden enviar as solicitudes para o programa "Termalismo Social 2017" da Deputación de Ourense.

 

"Termalismo Social 2017" contará con outro balneario (o balneario de Partovia) e diferentes programas:

 

PROGRAMA ESTANCIAS

Solicitante: maior de 50 anos. Acompañante: maior de 18 anos

Programa de estancias de 6 dias ou 13 dias, con pensión completa, 10 ou 20 tratamentos termais e acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal.

 

PROGRAMA ESTANCIAS RENFE

Programa de estancias de 6 días con pensión completa,10 tratamentos termais, acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal e o desprazamento en tren ata Ourense dende 40 cidades de toda España e o traslado ao Balneario incluido.

 

PROGRAMA TERAPEUTICO

Solicitante: maior de 50 anos.

Programas terapéuticos de 20 ou 35 tratamentos termais durante un máximo de 15 dias sen aloxamento personalizados para diferentes patoloxías.

 

PROGRAMA CULTURA TERMAL

Solicitante: Maior de 18 años

Programa de fin de semana con entrada o sábado, pensión completa, 2 tratamentos termais para unha ou dúas personas, cun menor ata doce anos gratis.

 

Máis información sobre os balnearios, prezos, etc en

termalismo.depourense.es


Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional

Concello de Esgos Praza da Souteira s/n, 32720 Esgos (Ourense) Telf. 988290000 Fax: 988290006 info@concelloesgos.com

 Mapa Web  -   Aviso legal